O vÃdeo máis visto en YouTube poderÃa ter acadado o seu éxito fraudulentamente
xoves, 6 de marzo do 2008
Nos pasados dÃas varios blogs deron conta
de que o vÃdeo Evolution of
Dance xa non era o máis visto na historia de YouTube, pasando a ocupar
tal posición o videoclip Music
Is My Hot Hot Sex do grupo brasileiro Cansei de Ser Sexy (que tanto
puxo música ó anuncio
televisivo do iPod Touch coma serviu para promocionar o
Zune de Microsoft).
Este acontecemento resulta abraiante, posto que se trata dun videoclip con
pouca calidade de imaxe e pouco interese que xa se aproxima ós 90 millóns de
reproducións (a meirande parte nos últimos 2 meses), o que fixo sospeitar á
xente de Waxy.org de que se trataba dunha situación irregular, polo que
analizaron a situación dos vÃdeos máis vistos meditante a API de YouTube,
decubrindo que só 1 de cada 21.487 usuarios que vÃan o vÃdeo o puntuaban, cando
o normal é que iso aconteza unha vez cada 590 reproducións, o que darÃa a
entender que as
consultas do vÃdeo non son obra de persoas, senón de máquinas.
|
Mirando os vÃdeos máis vistos en YouTube, tamén se atopan máis vÃdeos irregulares que nalgún caso se pode explicar pola súa incrustación en certos servizos populares, pero que en moitos outros casos resulta difÃcil de concretar cómo se xera o seu excepcional tráfico. No caso do clip de Cansei de Ser Sexy non se atopa ningunha explicación do seu suposto éxito, o que dá a entender que pode estar provocado por algunha práctica ilexÃtima.