Pew Research fai balance do uso da Internet co gallo dos 25 anos da web
xoves, 27 de febreiro do 2014
- Evolución da porcentaxe de adultos que fan uso da Internet nos EE.UU. entre 1995 e 2014
O 12 de marzo de 1989 Tim Berners-Lee escribiu unha proposta
do que se converterÃa na World Wide Web, e aÃnda que non podemos considerar que
a web vese a luz ata agosto de 1991, dende o Pew Research Center consideran atinado
celebrar agora o 25 aniversario da World Wide Web publicando
un informe no que fan balance do uso da Rede entre 1995 e 2014.
O Pew Research Center permite asà retratar a rápida adopción da Internet ao
longo do tempo, explosión que tivo un impacto radical en moitos ámbitos da nosa
vida, como no xeito de comunicarnos, nos nosos traballos, na publicación e
creación de novas, na actividade polÃtica, na relación cos gobernos... chegando
ata o punto de que xa resulta difÃcil distinguir a internautas de cidadáns, co
87% dos adultos en EE.UU. podendo considerarse usuarios da Internet, proporción
que no caso dos fogares cuns ingresos de a partir de 75.000 dólares serÃa do 99%.
A enquisa realizada por Pew Research tamén destaca que o 68% dos adultos
acceden á Rede dende smartphones ou tablets.
Entre os consultados, o 90% considera que a Internet é boa para eles, e o 76%
que é boa para a sociedade, detectándose tamén unha importante dependencia das
TIC, de xeito que o 53% dos usuarios da Internet aseguraron que serÃa moi
difÃcil abandonala (fronte ao 38% de 2006); esta porcentaxe tamén serÃa moi
elevada no caso do móbil (49%), pero caerÃa substancialmente no caso da
televisión (35%) e da telefonÃa fixa (28%), confirmando que as novas
tecnoloxÃas están a ter un pulo maior que o das súas predecesoras.
Pese ás habituais reticencias á adopción da Rede por considerar que illa aos
usuarios, os internautas parecen considerar todo o contrario, percibindo que o
correo electrónico, a mensaxerÃa instantánea e as redes sociais fortalecen as
súas relacións en vez de debilitalas. O 67% dos consultados pensan que as
comunicacións en liñas fornecen as súas relacións con familiares e amigos,
mentres que só o 18% pensa o contrario.