Menu
PRINCIPAL
  • Recursos de buscaEscolma de buscadores
  • EMPRESASNovas sobre empresas TIC
      • Vitae volve mostrarnos como crear os mellores equipos de profesionais TI

        Vitae Consultores vai organizar no punto de inflexión entre febreiro e marzo a nova entrega (a (...)

        O Grupo Aldaba dá un novo impulso á súa estrutura organizativa

      • CLUSAGA e Siemens mostran como dixitalizar a nosa industria alimentaria

        Vitae móstranos en febreiro como actualizar e migrar á nova versión 15 de Angular

        Juan Cividanes entra no Consello de Administración de Arteixo Telecom

  • SubscríbeteAs nosas novas por e-mail
    • Subscríbete ao noso boletín

      En móbiles e tabletas

      Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.

      Redes sociais

             

  • 20 anosinformando
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Edición Impresa
  • Top 100 (webs galegas)
  • Top 50 (webs en galego)

Artigos desta sección

Star Wars Jedi: Survivor adía 6 semanas o seu lanzamento

Pese a que a páxina web oficial de Star Wars Jedi: Survivor, secuela de Star Wars Jedi: Fallen Order, continúa a dicir que o xogo chegará a PC, Xbox Series X|S e PlayStation 5 o vindeiro 17 de marzo, o xogo de Electronic Arts convértese nun dos primeiros do ano en adiar o seu lanzamento, xa que veñen de anunciar dende Respawn Entertainment que, pese a que a (...)

Ler máis

Nintendo, Sony e Xbox non participarán directamente no E3

A feira de videoxogos de referencia mundial foi durante moitos anos o E3 de Las Vegas, pero as restricións sanitarias por mor da COVID-19 provocou que non puidese celebrarse presencialmente, estando previsto o seu retorno ao formato tradicional no mes de xuño, pero este retorno podería ser bastante decepcionante, xa que o sector adaptouse a novos formatos (...)

Ler máis

Detallan os xogos que chegan estes días a Game Pass

No Developers_Direct anunciouse o xogo Hi-Fi RUSH, que xa está dispoñible no Game Pass, converténdose no primeiro dunha serie de novidades no servizo de subscrición de Microsoft que resultan bastante atractivas, deixando claro que durante un par de semanas será complicado elixir a que (...)

Ler máis

Xbox e Bethesda presentaron novidades no Developers_Direct

Esta semana Microsoft celebrou un evento de presentación de novidades da súa división de videoxogos titulado Developers_Direct, no que os equipos de Xbox e Bethesda amosaron detalles de títulos que están de camiño para Xbox, PC e Game Pass como Forza Motorsport, Minecraft Legends, Redfall e o vindeiro capítulo de The Elder Scrolls Online, aínda co que máis se (...)

Ler máis

Forspoken chega a PC e PS5

Square Enix puxo hoxe á venda o primeiro título de Luminous Productions, Forspoken, que está dispoñible para PlayStation 5 e PC (a través de Steam, Epic Games e a Microsoft Store), podendo descargarse tamén unha versión de demostración deste xogo de rol narrativo que convídanos a facer cousas extraordinarias para salvar o mundo de Athia mediante parkour máxico e (...)

Ler máis

Volve a competición de Amazon University Esports

Co regreso á actividade educativa comeza tamén o segundo Split da 8ª tempada do Amazon University Esports, despois de que no primeiro Split participasen máis de 370 equipos de 76 universidades españolas entre as que figuran a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade da Coruña. Esta competición con presenza en 16 países continúa da man de 5 (...)

Ler máis

The Last of Us trunfa simultaneamente en televisión e consolas

Aínda que tradicionalmente as adaptacións de videoxogos a películas e series de televisión son produtos de pouca calidade que simplemente empregan unha marca recoñecible como reclamo, pero a nova serie de HBO Max, The Last of Us, está a facer historia por converterse nun grande éxito de público e crítica mantendo fidelidade co xogo orixinal de Naughty (...)

Ler máis

Marvel’s Avengers anuncia a súa despedida

O anuncio dun xogo dos Vingadores por parte de Crystal Dynamics captara moito interese por parte dos xogadores, pero unha vez que veu a luz Marvel’s Avengers converteuse nunha grandísima decepción, non por ser un título mal desenvolvido, senón por adoptar un formato de xogo como servizo (recibindo contido periodicamente), o que rematou véndose como un (...)

Ler máis

O mando de Stadia poderá aproveitarse como mando Bluetooth

A finais de setembro Google anunciou que o seu servizo de xogos na nube, Stadia, botaría o peche o vindeiro 18 de xaneiro, devolvendo aos usuarios os cartos que investisen na compra de xogos na plataforma e tamén aos que adquirisen os mandos oficiais de Stadia directamente a (...)

Ler máis

A Xbox traballa en reducir a súa pegada de carbono

Os usuarios de consolas Xbox Series X|S adheridos ao programa Xbox Insider están a recibir unha actualización que mellora a función de apagado da consola sen afectar ao rendemento, a xogabilidade e a capacidade para recibir actualizacións nocturnas do sistema, os xogos e as aplicacións, de xeito que conta agora cun apagado con aforro de enerxía que supón un (...)

Ler máis

0 | 10 | 20 | 30 | 40 | 50 | 60 | 70 | 80 | ... | 6370

Dinahosting hospeda este espazo web



















Revista en PDF:

Descárgaa xa







AMTEGA
· O plan Digitalent inicia o primeiro trimestre do ano con máis dunha ducia de actividades para fomentar o talento dixital na infancia, na adolescencia e na xuventude
· GaiásTech acolle o mes do deseño cun ciclo de formación sobre fotografía en redes e creación de contidos dixitais
· A Xunta avoga por reforzar a colaboración público-privada para impulsar a dixitalización

Axencia Galega de Innovacion

O Portal da Lingua Galega







Código Cero

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

CONTACTO

  • Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
    Rúa das Hedras 4 1 G
    (Pol. Novo Milladoiro)
    15895 Ames - Milladoiro
  • 981 53 02 68
  • redaccion@codigocero.com

Premios

             

© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade