YouTube podería ser censurado (tamén) na India por albergar un vídeo que parodia a Gandhi

luns, 15 de xaneiro do 2007 Fernando Sarasketa

Unha vez máis, o portal de vídeos en liña YouTube está no punto de mira de colectivos ou individuos particularmente ofendidos. Nesta ocasión, temos practicamente todo un país aldraxado, e non un país calquera en número de habitantes: a India.
Así, YouTube corre o risco xa de ser bloqueado en breve polas autoridades daquel país por achegar ós usuarios imaxes non autorizadas e cargadas de polémica con relación a Ghandi: as dun vídeo no que un individuo imitaba ó dito líder político e espiritual nun espectáculo de nudismo.
Nas imaxes pódese ver a un humorista, caracterizado como o pai da nación india, realizando un striptease nunha barra vertical, a xeito de bailarina dun club de espectáculos.
A polémica xurdiu cando dúas canles do país emitiron o vídeo por televisión, pois moitos milleiros de seguidores de Gandhi interpretaron as imaxes como un insulto ó líder pacifista.
Agora, o Goberno hindú, ademais de pedir o peche da web, “esixe unha desculpa” por parte das canles que difundiron o vídeo da imitación.

PUBLICIDADE