Bershka abrirá unha tenda en Second Life

mércores, 13 de xuño do 2007 Marcus Fernández

Inditex dá os seus primeiros pasos nos mundos virtuais abrindo unha tenda da cadea Bershka en Second Life, converténdose na primeira empresa española deste tipo en empregar tal plataforma coma canle promocional.
O novo espazo da marca de Amancio Ortega consistirá nunha illa cunha tenda na que se ofrecen versións dixitalizadas das súas pezas de roupa, así como unha sala de eventos/concertos e un espazo de chill-out ou encontro. Así, os usuarios de Second Life poderán ver mostras representativas das coleccións de Bershka de cada tempada nas seccións de moza, moza, vaqueiros e BSK, co que tamén cambiarán periodicamente a ambientación da illa (para adaptarse ás distintas campañas).

A interesante iniciativa está a cargo da axencia interactiva Mosi-Mosi, e para botar un ollo ó que deparará este espazo virtual xa existe unha galería fotográfica da nova tenda en Flickr.

PUBLICIDADE