Unha web convídanos a adiviñar o canon que se aplicará a distintos dispositivos

xoves, 14 de xuño do 2007 Marcus Fernández

O canon dixital para equipos e soportes dixitais non conta precisamente coa aprobación do público, polo que existen numerosas iniciativas de protesta na Rede que de cando en vez sorprenden coma o colectivo La Trinxera que parodiou o célebre concurso televisivo que presentaba Joaquín Prat (El Precio Justo) nunha web na que se pode xogar a adiviñar o canon xusto.
Así, na orixinal web preséntanse distintos dispositivos anunciando o seu prezo e retándonos a acertar cal é o importe en concepto de compensación para as entidades de xestión de dereitos de autor que se engadirá ó produto cando entre en vigor o novo canon dixital que están a promover dende asociacións como a SGAE.
Iso si, os usuarios que erren nos seus cálculos poderán ver coma o presentador do programa fai divertidos comentarios, pedindo disimulo cando nos pasamos ou comentado que ó director da SGAE a cantidade “non lle chega nin para pagar a primeira letra do chalé” cando propomos cantidades reducidas.

PUBLICIDADE