Unha nova serie de animación na Internet búrlase do candidato socialista á alcaldía madrileña

martes, 8 de maio do 2007 Marcus Fernández

A política é historicamente unha das mellores fontes de inspiración para o humor gráfico, o que na Internet se traduce en moitas webs e vídeos nos que fan burla dos políticos, sendo un dos casos máis destacados de España o que corresponde ó actual presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, a quen parodian co personaxe SuperZP (que incluso conta con canle en YouTube).
Agora, co gallo das eleccións municipais, os responsables das devanditas animacións dedican os seus esforzos a deixar en evidencia ó candidato socialista á alcaldía de Madrid, Miguel Sebastián, a quen chaman Miguel Sevaahostiar. Unha nova serie de animacións que procurará espallarse viricamente valéndose do boca a boca (ou do e-mail a e-mail) co que poden acadar unha difusión moi importante, e que confirmaría como falsa a crenza de que a sátira é exclusiva da esquerda política.

PUBLICIDADE