Unha nova campaña viral aproveita a crise para captar clientes con humor

xoves, 30 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Páxina web na que se presenta o videclip dos Leman BrothersTralo éxito da campaña do iJam, a axencia Shackelton quere tirar proveito da crise económica para atraer clientes a través dun novo viral, que no mundo real consiste no envío de caixas negras ao máis puro estilo de Apple nas que se pode ler por fóra a frase «la crisis nos llega a todos», e que ocultan no seu interior unha réplica do Portal de Belén cun cartel de For Rent (se aluga) remitindo á páxina web Belen-for-rent.com na que se pode ver un vídeo musical do grupo ficticio The Leman Brothers cantando Todo se va a mierda.
Esta campaña toma a crise con humor, e convida a deixar a conxuntura económica a un lado para celebrar a cea de Nadal corporativa coa axuda de Shackleton Events. Na canción se soltan frase como «todo se va a la mierda, y qué más me da, mientras pueda celebrar la fiesta de Navidad».

Caixa coa réplica do Portal de Belén que remiten para promocionar Shackleton Events


Vídeo da divertida canción Todo se va a la mierda

PUBLICIDADE