Un novo servizo web mobiliza blogs

martes, 6 de novembro do 2007 Marcus Fernández

Os administradores de blogs que desexen achegalos ós móbiles poden aproveitar o servizo web Andanza que adapta os seus contidos (tanto as entradas publicadas coma os comentarios) para a súa visualización dende terminais móbiles.
O sistema de Andanza permite definir tipografías, tamaños e cores, así como incorporar un logotipo, que permite crear unha versión limpa e accesible para os navegadores web básicos incluídos na meirande parte dos móbiles do mercado. Unha vez definidas as característica estéticas podemos gravar a configuración e personalizar o enderezo web dende o que estará dispoñible.
A xeito de exemplo, probamos o servizo coa nosa web, de xeito que se pode acceder á mesma no móbil dende http://m.andanza.com/codigocero. Dende Andanza tamén permiten a descarga de engadidos para os xestores de blogs máis populares (e os seus respectivos manuais de instalación) así como de iconas para publicitar a existencia dunha versión móbil do noso blog.

PUBLICIDADE