Suso de Toro volve bloguear
luns, 16 de marzo do 2009
O escritor Suso de Toro foi todo
un pioneiro na blogosfera hai case unha década, pero o seu espazo Botelha ao mar perdeuse no esquecemento
(a súa web baixo o dominio susodetoro.com non está dispoñible actualmente,
aÃnda que conserva copia
en Archive.org) e agora retoma a súa andaina cun novo espazo na Blogaliza do que deu
conta no seu blog David de Ugarte.
Suso de Toro levou o seu anterior blog durante uns 3 anos, pero tivo que
deixalo por non poder dedicarlle o tempo necesario, e agora volve cun maior
ritmo de publicación (antes só publicaba un ou dous textos ao mes) aÃnda que
cos comentarios pechados, pois o
autor prefire manter unha certa distancia cos seus lectores, pero
será unha boa achega ao actual panorama do Blogomillo.