Supéranse os 1.000 millóns de usuarios da Internet
luns, 26 de xaneiro do 2009
A consultora ComScore anunciou
que o pasado mes de decembro o mundo superou os 1.000 millóns de usuarios da
Internet, destacando que China é xa o paÃs con máis usuarios (179.710.000,
mentres que as autoridades chinesas aseguran estar preto dos 300 millóns de
usuarios), seguida por EE.UU. (163.300.000) e Xapón (59.993.000), quedando
España nun 13º lugar con 17.893.000 internautas.
Cómpre destacar que a rexión de Asia-PacÃfico terÃa o 41,3% dos usuarios da
Internet, o que fai que Norteamérica (18,4%) diste moito de ser o corazón da
Rede, estando incluso superada por Europa (28%), o que contrasta cos servizos
web máis populares (que son case na súa totalidade estadounidenses). AsÃ, o
77% dos usuarios terÃan accedido a páxinas web de Google, o 64% de
Microsoft e o 55% de Yahoo!.
Os datos de ComScore poderÃan ser pouco precisos en paÃses coma China, onde é
habitual acceder á Rede dende equipos públicos (cibercafés) o que explicarÃa as
discrepancias entre os datos oficiais e os que publica a consultora (que
identifica ás conexións e non ás persoas detrás das mesmas), e poderÃa indicar
que o dominio asiático no número de usuarios da Internet é maior do que
pensamos.