Sosteñen que YouTube continuará con importantes perdas económicas en 2009

luns, 6 de abril do 2009 Marcus Fernández

Un informe de Credit Suisse sostén que YouTube continúa a liderar o vídeo na Internet con 41% do sector, o que non evita que eviten o seu problema de capitalización do negocio, estimando que durante o presente ano ingresarán uns 240 millóns de dólares grazas ao tráfico captado o que non impedirá que remate cunhas perdas de 470 millóns de dólares, xa que o custe do largo de banda (o 51% dos gastos do servizo), as licenzas de contidos (o 36%), o almacenamento dos contidos e outros gastos, polo que YouTube continúa coas mesmas dúbidas sobre o seu futuro que antes da súa compra por parte de Google en 2006 por valor de 1.650 millóns de dólares, aínda que a longo prazo a súa posición de liderado na Rede podería compensar as perdas actuais, segundo os contidos vaian profesionalizándose, e os formatos publicitarios no sistema estean normalizados.

PUBLICIDADE