Ryanair permite que as webs accedan ás súas tarifas só para facer comparacións
mércores, 29 de abril do 2009
A aeroliña de baixo custo que máis está a
loitar para que outras páxinas webs non revendan os seus billetes por Internet
(e evitar así unha posible estafa dos seus clientes), vén de anunciar que lle
permitirá o acceso aos seus cadros de horarios e información de tarifas a
aqueles sitios baseados só “na
comparación de prezos”, que unicamente comparen as tarifas máis baixas
garatidas de Ryanair coas tarifas e os
recargos de combustible de outras compañías aéreas da competencia.
É
por isto que a compañía de voo vai introducir un acordo de licenza no que, por
unha doazón anual de 100 euros (que disque “vai
ser destinada á caridade”), autorizaralle aos sitios web de comparación de
tarifas, comprobar a dispoñibilidade de prazas e adquirir información de
interese para o consumidor, que logo deberá entrar na web da compañía para
adquirir o seu billete.
A aeroliña inglesa seguirá prohibindo a
revenda de billetes aos sitios web que “estafan”
aos consumidores ofrecendo vóos de Ryanair con prezos inflados, e nalgúns casos
con sobrecargas ficticias, nembargantes, celebra a volta das súas tarifas máis
baixas garantidas permitíndolle aos sitios web de comparación de prezos que
cataloguen as súas tarifas.