Queplaya.es nos permite localizar as praias españolas

mércores, 18 de xuño do 2008 Marcus Fernández

As fotografías complementan a información sobre as praias

Nicenova Consulting achegounos en setembro Qué Tiempo, servizo que nos presentaba información meteorolóxica sobre mapas de Google; en abril estrearon unha ferramenta semellante, Gasofa.es, que nos informa dos prezos do carburante, os centros para pasar a ITV e os radares fixos da DGT en España; e coa chegada do verán nos queren facer máis doado atopar areais onde pasar a tarde e gozar do mar, polo que rexistran sobre o mapa 1.929 praias de España.
Queplaya.es nos permite localizar praias por toda a costa española, incluíndo información das mesmas (como se contan co distintivo de bandeira azul ou o seu grao de ocupación) e incluso presentando distintas fotografías dos enclaves, polo que resulta moi útil para descubrir novas praias durante os días de verán.
Os lugares de interese (museos restaurantes, campings...) próximos ás praias tamén aparecen no mapa, e para redondear o servizo permite consultar o vento e as ondas (algo moi útil para surfeiros e afeccionados a deportes de vela) ou localizar praias nudistas. En definitiva, unha web de grande utilidade para os vindeiros meses.

PUBLICIDADE