Publican os detalles dos servizos de hospedaxe web do programa Jovenes en Red

martes, 1 de abril do 2008 Marcus Fernández

Comparación dos 4 servizos de hospedaxe do programa

En xaneiro se abriu o prazo para solicitar dominios .es e hospedaxe web de balde para menores de 30 anos e que continuará aberto ata o 15 de xullo, e agora coñecemos os detalles desta oferta, así como as condicións que ofertan as 4 empresas de hospedaxe web que colaboran co programa (Acens, Arsys, Hostalia e Hostinet).
Cada unha das empresas ofrecen uns servizos lixeramente diferentes (con distintas características de espazo web, número de contas de correo electrónico dispoñibles e transferencia mensual permitida) que normalmente inclúen 200 Mb de espazo de almacenamento, 2 Gb de transferencia mensual, un mínimo de 5 contas de correo electrónico e distintas ferramentas para facilitar a creación de blogs e outro tipo de páxinas web.
As capacidades subministradas son suficientes para unha páxina persoal básica, pero claramente insuficientes para un blog con certa sona, polo que se entende que a oferta promocional claramente pretende introducir a usuarios na Rede como creadores de contidos e non supón unha alternativa a servizos de pago máis avanzados, de xeito que non distorsiona o mercado.

PUBLICIDADE