Picsviewr presenta as nosas imaxes en Flickr dun xeito moi elegante

mércores, 9 de xullo do 2008 Marcus Fernández

A interface tridimensional de Picsviewr para ver as nosas fotografías é realmente espectacular

Os usuarios do servizo de almacenamento e publicación de imaxe de Yahoo!, Flickr, poden agora amosar as súas fotografías dun xeito moi elegante e orixinal grazas a PicsViewr, unha web que permite ao usuarios elixir entre varios tipos de presentacións para as súas imaxes, que incluso se poden explorar por librarías ou palabras chave.
A meirande parte destas presentacións están baseadas en tecnoloxía Flash, e nos presentan as imaxes emulando fotografías Polaroid sobre un escritorio de madeira, mediante unha animación tridimensional ou a través de distintos formatos de slideshow máis tradicionais, pero igualmente atractivos visualmente, que fai que a experiencia de ver as nosas fotografías sexa moi suxestiva.
Unha vez seleccionado o xeito de presentación, cando accedemos a picsviewer.com/photos/nomedeusuariodeflickr podemos ver as nosas imaxes co formato indicado.

As imaxes pódense presentar coma se fosen instantáneas tomadas cunha Polaroid

PUBLICIDADE