O último disco do galego Juan Rivas poderase descargar de balde dende MySpace

mércores, 15 de abril do 2009 Raquel Noya

Rivas traballando no seu Superdiscotropical

O galego Juan Rivas, un cantautor procedente de Vigo a quen a prensa define como “un dos autores máis relevantes da escea galega dos últimos anos”, vén de presentar en Arteria Noroeste, a sede da Fundación SGAE en Santiago de Compostela, o seu último traballo, Superdiscotropical, onde mestura pop con lounge e “tropicalismo” de xeito maxistral, para poñelo ao alcance de todos os internautas dende o seu sitio en Myspace.
Este traballo, o quinto da súa carreira, foi composto e gravado “de maneira caseira” polo propio autor e poderá ser descargado de balde dende MySpace España e MySpace México durante a semana do 20 de abril, data na que sairá á venda.
Segundo vén de afirmar o propio Rivas, o proxecto é froito de ano e medio de traballo, no que se materializou a proposta discográfica dende o salón da súa casa, coa axuda de “colaboracións vía Internet”.
A Rede fixo posible, continuou o autor galego, que as colaboracións se pudieran levar a cabo “a pesar de estar alexados xeograficamente dos colaboradores”.
Éstes últimos enviaban cadansúas partes (gravadas tamén na casa) a través de Internet unha vez que lles chegaban as pistas do cantautor, para logo mesturar tódalas colaboracións no seu peculiar estudo de gravación.


O tema Superdiscotropical aplicado a un vídeo musical dos Bee Gees

PUBLICIDADE