Moitos usuarios de liñas ADSL de Telefónica levan 3 días sen poder acceder a servizos web de Microsoft

venres, 14 de marzo do 2008 Marcus Fernández

Dende o pasado mércores usuarios de liñas ADSL de Telefónica (directa ou indirectamente) do País Vasco, Navarra, Comunidade Valenciá e Cataluña (xunto con outros las zonas afectadas) están a experimentar problemas para acceder ós servizos de Microsoft coma o Messenger ou Hotmail, o que supón un grave prexuízo, pois para moitos usuarios supón quedar incomunicados polas súas canles habituais.
O tema está a provocar moito rebumbio nos foros de Internet, con usuarios que culpan a Telefónica e outros a Microsoft, mentres que as dúas empresas están a colaborar para resolver a incidencia, aínda que o certo é que 2 ou 3 días é un lapso de tempo inaceptable para os usuarios.
En foros e webs tamén informan de trucos para solucionar o problema por parte dos usuarios finais (como utilizar un proxy), e segundo parece, durante a noite do venres or problemas persisten (aínda que con solucións en casos puntuais).
Este problema de acceso podería ter afectado a máis dun millón de usuarios.

PUBLICIDADE