Mininova.org estrea un servizo de difusión de contidos

mércores, 2 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

A web de descargas na rede BitTorrent, Mininova, deu un paso adiante na súa labor de difusión de contidos co seu servizo Content Distribution, que permite difundir as nosas creacións dun xeito rápido e doado, de xeito que pode chegar ós máis de 27 millóns de visitantes mensuais da web mencionada.
Con este novo servizo os usuarios que desexen facer chegar un contido á Internet só terán que subilo unha vez á Rede (vía web), e logo este permanecerá accesible a toda a comunidade, despreocupándose o creador de problemas de largo de banda.
Para acceder a esta solución de Mininova é preciso ser o lexítimo dono do material a compartir, que deberá ser de balde e non estar protexido por tecnoloxía DRM. Aparece así un bo sistema de difundir música, aplicacións informáticas, vídeos musicais ou películas, válido tanto para contidos copyleft coma simplemente gratuítos.

PUBLICIDADE