Kiosko.net permite seguir as portadas da prensa diaria

venres, 5 de setembro do 2008 Marcus Fernández

As portadas dos principais diarios de España se poden seguir dende Kiosko.net

Distintos blogs están a recoller a nova versión en probas da clásica web de Kiosko, que presenta na Internet as portadas de moitas das publicacións de prensa máis representativas de España, e que, aparte de fuxir dun URL moi complexo (http://www.hhmmss.com/kiosko/HOY/) e estrear dominio (http://kiosko.net/) mellora a súa oferta de contidos cas primeiras páxinas da prensa europea, norteamericana e asiática. Continúa a permitir a consulta das portadas de medios españois e mesmo dos galegos (aínda que se limita a La Voz de Galicia, 3 edicións do Faro de Vigo, La Opinión de A Coruña e o Dépor Sport) aínda que faltan algúns dos contidos vellos por integrase, coma os chistes e a consulta do histórico de días anteriores (presentes polo momento na anterior versión do servizo, que continúa a estar operativa), así como tamén se procurará engadir no futuro opción multilingües e un directorio de prensa.
Este espazo é todo un referente para o seguimento das portadas da prensa, funcionando como unha ferramenta de grande utilidade para informarse sobre os principais contidos dos xornais diarios sen ter que baixar a un quiosco físico para ollalos (ou para poder consultar as portadas de edicións locais dende a distancia).

A nova versión de proba do Kiosko non esquece as publicacións galegas

PUBLICIDADE