Jubii, un servizo web que dá ós seus usuarios 10 Gb de almacenamento

xoves, 12 de xullo do 2007 Marcus Fernández

Lycos presentou en Madrid a ferramenta Jubii, que “pretende facilitar ó máximo as tarefas cotiás máis solicitadas na web 2.0” para o que proporciona un contorno web de balde cunha capacidade de almacenamento de ata 10 Gb onde o usuario poderá manexar tódalas tarefas e organice os elementos xestionados coma se estivesen no seu escritorio.
Jubii xunta nun único servizo o almacenamento de ficheiros (textos, imaxes ou vídeos), o correo electrónico, mensaxes SMS, chat e telefonía, permitindo o etiquetado dos contidos (en vez de gardalos en cartafoles) e tamén incorpora un potente xestor de contactos.
Este novo servizo é compatible con Internet Explorer e Firefox, e a súa estratexia de éxito baséase en aglutinar os servizos máis empregados nun so, o que resultará máis cómodo para os usuarios.

PUBLICIDADE