ICANN avanza na creación dos dominios .xxx

venres, 18 de marzo do 2011 Marcus Fernández

Tras máis de 7 anos de discusión, interferencias políticas e atrancos de todo tipo, ICANN deu o que parece ser o prace definitivo á posta en marcha do dominio de primeiro nivel .xxx, que destinaríase a páxinas web de contido pornográfico.
Este novo sufixo para dominios de Internet pode verse de distintos xeitos, pois hai quen considera positivo que as páxinas para adultos conten cun dominio de seu, facilitando a súa identificación, mentres que outros consideran que iso sería unha letra escarlata (o que, entre outras cousas, facilitaría o seu bloqueo mediante filtros de control paterno).
ICM Registry é a compañía que solicitou a xestión do novo dominio, e incluso abriu un proceso de reserva, aínda que pasarán meses antes de que os dominios .xxx estean dispoñibles.

PUBLICIDADE