Google proba unha nova ferramenta de xestión publicitaria en páxinas web

xoves, 13 de marzo do 2008 Marcus Fernández

A adquisición de DoubleClick por parte de Google xa ten como primeira consecuencia o lanzamento do servizo Google Ad Manager, que supón todo un pulo para a rede publicitaria de AdSense, permitindo que os webmasters poidan xestionar mellor os espazos publicitarios que administran.
Ad Manager permite o inventariado da publicidade escollendo os espazos máis oportunos para os anuncios, dos que poderán ter información detallada sobre as súas impresións, o que tamén resulta de utilidade para os anunciantes, de xeito que a nova ferramenta será beneficiosa para ambos estremos do mercado publicitario.
Amais, os administradores de páxinas web poderán empregar os seus espazos publicitarios para publicar anuncios distintos ós de AdWords, podendo elixir anunciantes externos, de xeito que aproveitarán a potencia da ferramenta de Google para xestionar a súa propia publicidade.
Polo momento o novo servizo está en probas, precisando de invitación para o seu uso.

PUBLICIDADE