Google mellora o seu servizo de tradución en liña

venres, 9 de maio do 2008 Marcus Fernández

Google vén de reformar o seu servizo de tradución incorporando unha función da que normalmente carecen outras ferramentas semellantes: a tradución entre todas as linguas soportadas.
Ata o momento só se podía traducir entre as linguas ao inglés, e do inglés ás outras linguas (con algunha combinación de linguas adicional) pero agora podemos gozar unha tradución directa entre as seguintes linguas: español, alemán, árabe, búlgaro, checo, chinés, coreano, croata, danés, finlandés, francés, grego, hindi, holandés, inglés, italiano, xaponés, noruego, polaco, portugués, romanés, ruso e sueco.
Ou sexa, que aparte de flexibilizar as traducións tamén incorporaron 9 idiomas adicionais, aínda que hai que destacar que as traducións entre certas linguas resultan bastante rudimentarias, servindo para ter unha referencia do tema que trata unha páxina web ou un texto, pero non para unha lectura comprensible.

PUBLICIDADE