Google facilita a socialización de páxinas web

martes, 13 de maio do 2008 Marcus Fernández

Os responsables de páxinas web que queiran incorporar característica sociais (rexistro de usuarios, invitacións, galería de membros, mensaxes internas...) pode facelo con só engadir unhas poucas liñas de código grazas a Google Friend Connect, un novo servizo que nace trala adopción de Google das tecnoloxías abertas Open Id (para identificarse a través das contas persoais de Google) e OAuth (para compartir a información persoal).
Esta nova solución aínda está en probas, e os interesados en incorporala ás súas webs deben inscribirse nunha listaxe de espera, pois nun primeiro momento Google quere manter certa interacción cos desenvolvedores e usuarios para mellorar estas solucións que van en paralelo con OpenSocial.

PUBLICIDADE