Panoramio intégrase en Google Street View

venres, 27 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

O sistema de vista a pé de rúa de Google Maps, Google Street View, vén de integrar o servizo de Panoramio, de xeito que cando vemos as rúas de Madrid, Barcelona, Sevilla e Valencia (e proximamente tamén con cidades galegas) captadas pola cámara de 360 graos do coche de Google, podemos acceder tamén a fotografías xeolocalizadas publicadas na web por outros usuarios, enriquecendo graficamente esta plataforma de mapas.
Podemos lembrar que Panoramio é un servizo de localización de fotografías creado en España e finalmente adquirido por Google, pasando a integrarse tamén en Google Earth, polo que é un claro referente de innovación española na Internet.


Vídeo de presentación de Panoramio dentro de Google Street View

PUBLICIDADE