Google Maps permite consultar cámaras web de todo o mundo
luns, 11 de maio do 2009
O servizo de mapas
de Google leva tempo incorporando capas con información adicional que facilitan
o acceso a fotografÃas, vÃdeos, entradas da Wikipedia e, agora tamén, cámaras
web instaladas ao longo de todo o mundo. Esta nova opción inclúe
unhas nove mil webcams sacadas do catálogo en liña webcams.travel, permitindo asÃ
achegar imaxes en tempo real de boa parte do mundo.
Esta posibilidade permite viaxar por todo o mundo sen moverse de diante do
ordenador, cunha grande variedade de resolución e frecuencia de actualización
das imaxes presentadas, que en boa medida serven para satisfacer a curiosidade
dos usuarios, que podemos ver se o dÃa está nubrado, unha praza ten moito
público ou hai moito tráfico ao outro lado do mundo.