Google Maps incorpora anuncios de texto

venres, 10 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Debaixo dos mapas de Google aparecen ligazóns patrocinadas

Google continua a buscar xeitos de rendibilizar os seus servizos, e tras avanzar na transformación de YouTube nunha plataforma de comercio electrónico, incorporan tamén anuncios de texto en Google Maps, de xeito que cando fagamos buscas nos mapas de Google, no caso de que haxa publicidade de AdSense dispoñible para tales palabras de busca se amosará debaixo do mapa amosado como resultado da nosa consulta.
Nun principio este servizo tende a presentar anuncios de hoteis, axencias de viaxes e outros servizos turísticos (aínda que tamén se detectaron certos anuncios un tanto curiosos), pois son os que máis se adaptan as buscas realizadas habitualmente no buscador de mapas, pero tamén resultan de grande utilidade para a localización de establecementos comerciais de todo tipo pese a que a súa visibilidade como ligazóns patrocinadas é bastante reducida.

PUBLICIDADE