Google Blog Search achega os temas máis interesantes da blogosfera norteamericana

xoves, 2 de outubro do 2008 Marcus Fernández

As novas en Google Blog Search aparecen agrupadas polos seus contidos (evitando duplicidades)

Google hai tempo que conta cun buscador especializado en contidos de blogs, pero decidiron transformalo nunha especie de Google News no que se amosan en portada as novas máis interesantes da blogosfera (agrupándoas por mimetismo de xeito que se evitan as repeticións) que mesmo se poden consultar por distintas temáticas (política, EE.UU., internacional, economía, tecnoloxía, videoxogos, ciencia, lecer, cine, televisión e deporte).
O buscador convértese así nun xeito interesante de descubrir novos contidos en blogs, aínda que estas características son aparecen na súa versión en inglés (dando protagonismo aos contidos creados dende EE.UU.).

PUBLICIDADE