Google AdSense engade anuncios expansibles

luns, 9 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Exemplo de anuncio expansible

Dende Google anuncian con ilusión que veñen de incorporar á súa plataforma publicitaria a posibilidade de difundir anuncios expansibles, ou sexa, que potenciarán o uso de vídeos e audios en anuncios que amplían o seu tamaño cando o usuarios fai clic sobre os mesmos (por exemplo, para ver un trailer dunha película), aínda que esta mellora de AdSense posiblemente a reciban mellor os anunciantes que os usuarios, pois nos últimos meses Google está a difundir moitos anuncios molestos, especialmente por facer uso do son, indo radicalmente en contra da política que Google defendía hai poucos meses.
Este novo formato publicitario tratarase inicialmente coma un anuncio de terceiros, e estes contidos deberán ser creados por axentes autorizados por Google, que deberán cumprir con normas como que os anuncios só ampliarían o seu tamaño ante un clic (nunca con só pasar o rato accidentalmente sobre os mesmos), non ocuparán nunca máis do dobre do seu alto ou ancho, o anuncio ampliado debe amosarse como unha capa superior (sen alterar a disposición do resto de contidos e os usuarios sempre poderán pechar o panel expandido.

PUBLICIDADE