Facebook Lite inicia o seu lanzamento

venres, 11 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Facebook Lite limita as funcións ás máis básicasLeva tempo falándose dunha versión lixeira de Facebook, e finalmente parece que convértese nunha realidade e o dominio que acolle Facebook Lite xa está operativo nos EE.UU., mentres que dende España esa mesma páxina lévanos á versión ordinaria da plataforma de redes sociais máis usada no mundo.
Facebook Lite non é máis que unha versión reducida de Facebook, de xeito limita as funcionalidades do servizo en prol dunha carga máis áxil, o que agradecerán os usuarios que desexen acceder a Facebook dende un dispositivo móbil.
Tamén hai usuarios que prefiren librarse de certas funcións de Facebook que non fan máis que dificultar o acceso ao xermolo do servizo, de xeito que Facebook Lite podería verse coma un achegamento a Twitter e a súa simplicidade.

Dende España xa podemos ver a páxina de entrada da versión lixeira de Facebook

PUBLICIDADE