En Facebook consideran obscenas algunhas imaxes de mulleres dando o peito aos seus fillos

martes, 30 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Creouse un grupo en Facebook para protestar sobre a política do servizo que considera obscenas algunhas imaxes de nais dando o peito

Nos últimos días un debate cobrou moita forza na Internet por mor da política de Facebook de retirar algunhas imaxes de nais dando o peito aos seus fillos polo mero feito de que as «fotos que conteñen un peito completamente exposto (..) poden retirarse» por violar os termos de uso da web norteamericana, o que enfureceu a moitos usuarios que ven cómo fotografías dos seus nenos lactantes resultan borradas da web social o que segundo responsables da compañía se realiza habitualmente tras a queixa doutros usuarios.
Ante este agravio, formaron un grupo en Facebook co nome Hey Facebook, breastfeeding is not obscene! (¡Eh, Facebook, a lactanción non é obscena!) que xa supera os 88.000 membros e incluso se emprega para publicar varios milleiros de imaxes de nais dando o peito aos seus cativos.
Iníciase así toda unha polémica sobre se a lactancia pode considerarse obscena, debate que só parece posible nos EE.UU., pois en boa parte de Europa non hai problemas á hora de amosar os peitos femininos incluso na publicidade urbana e televisiva.

Mostra das imaxes de lactacións que subiron a Facebook en sinal de protesta

PUBLICIDADE