Directodelcampo.com potencia o consumo responsable de alimentos

venres, 3 de abril do 2009 Raquel Noya

Un dos problemas que a sociedade rural (que vive tanto da gandería como da agricultura) máis lle reclama ao goberno central, é a existencia de demasiados intermediarios entre eles e o consumidor final, que as máis das veces, encarecen os produtos e se quedan con boa parte duns beneficios que lle deberían pertencer a eles.
O portal Directodelcampo.com é un servizo que, precisamente para paliar isto, pon a disposición dos consumidores os produtos recén chegados do produtor, sen ningún intermediario de por medio que se quede coas ganancias e que almacene os alimentos durante un largo periodo de tempo facendo que a súa calidade merme.
Agora ademais, para ir máis lonxe e tratar de evitar (de paso) que a sociedade siga as pautas dun dos países máis industrializados e consumistas do mundo, EEUU, alimentándose mal e a correr, esta web e máis a Fundación Félix Rodríguez de la Fuente veñen de asinar un convenio de colaboración mediante o cal pretenden potenciar o consumo responsable de alimentos por parte dos internautas.
Grazas a este acordo, as dúas organizacións intercambiarán espazos e brindaranse apoio mutuo para comunicar e divulgar as actividades que tanto a FFRF como o portal web líder en produtos do campo realizan para fomentar o consumo responsable de alimentos de produción local e máxima calidade.
Isto permite, segundo vén de afirmar a directora xerente da FFRF, “lograr uns hábitos de alimentación máis saudables e conservar a nosa biodiversidade para contribuir a un desenvolvemento rural sostible”.

PUBLICIDADE