Condenan aos responsables de The Pirate Bay a 1 ano de cadea

venres, 17 de abril do 2009 Marcus Fernández

Os responsables de The Pirate Bay</Em> durante unha rolda de prensa</A>

O xuízo contra os responsables da máis popular páxina web sobre a descarga de ficheiros a través da rede P2P BitTorrent, The Pirate Bay, rematou cun resultado negativo para os acusados, Peter brokep Sunde, Fredrik TiAMO Neij, Gottfrid Anakata Svartholm e Carl Lundström, que terán que facer fronte a unha condena de 1 ano de cadea tras ser considerados culpables de «axudar en facer dispoñible contido protexido por copyright», o que moitos non esperaban pois o servizo que mantiñan os acusados podería compararse ao dun buscador coma Google (non son responsables directos do que outros publican na Internet).
O tribunal determinou que os 4 acusados traballaban coma un equipo, que eran conscientes de que en The Pirate Bay compartíase material protexido e facilitaban e contribuían ás infraccións do copyright. Deste xeito, os acusados tamén terían que facer fronte de xeito conxunto a unha indemnización de 30 millóns de coroas suecas (2,7 millóns de euros) en concepto de danos.
Este serán os responsables de The Pirate Bay darán unha rolda de prensa na que previsiblemente anunciarán que apelarán a decisión xudicial e continuarán con normalidade a actividade da súa páxina web, pois este servizo no é o que foi levado a xuízo (senón os actos dos seus responsables).

PUBLICIDADE