Blogocosa: novo mapa visual da blogosfera hispana

luns, 28 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Hoxe, baixo o lema de «quen é quen na Blogosfera hispana» preséntase Blogocosa, una aplicación baseada en Bitacoras.com que amosa unha presentación visual dos usuarios máis populares do sistema a clara inspiración de TwitterPoster.
Esta ferramenta permite, entre outras cousas, pór cara a moitos blogueiros, así como construír un ranking non lineal, que resulta máis atractivo visualmente que moitas outras listaxes de popularidade de blogs.
Curiosamente entre os blogs hispanos incluídos en Blogocosa destacan varios usuarios galegos, coma o pontevedrés Andrés Milleiro e os coruñeses Javier Wicho Pedreira, Catuxa Seoane e Juanjo Seixas.

PUBLICIDADE