Blogger faise máis social incorporando a función de seguimento de blogs

xoves, 11 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Gadget de exemplo da nova funcionalidade de Blogger

Dende Google queren facer máis social o seu servizo de blogs, polo que Blogger vén de incorporar a función Following (polo momento só na súa versión en inglés) que permite amosar nun recadro aos usuarios que fan un seguimento frecuente do blog, así como coñecer os blogs que eles tamén escriben e seguen, o que axuda a espallar a relación entre bitácoras.
A nova función traballa coma un gadget que se pode engadir á barra lateral do blog en Blogger, na que se amosarán as caras dos seguidores e se incluirá o botón para poder facer un seguimento dun blog.
Ademais, no taboleiro de Blogger tamén se amosarán as últimas entradas dos blogs que segue o usuario, podendo inculso facerse o seguimento de blogs fóra de Blogger (engadindo o seu enderezo manualmente).
Estes cambios tamén serán perceptibles a través de Google Reader (o lector de fluxos RSS de Google) onde aparece unha categoría chamada Blogs I’m Following na que se poderán seguir as nosas subscricións a través desta nova funcionalidade de Blogger, que é un paso máis na integración de Google Friend Connect para mellorar a sociabilidade dos servizos de Google.

PUBLICIDADE