AuthorStream permite compartir presentacións multimedia de distintos xeitos

mércores, 16 de abril do 2008 Marcus Fernández

A SlideShare acaba de saírlle un duro competidor, authorStream, que non só permite compartir presentacións multimedia na web, senón que tamén permite incorporar audio ás mesmas e incluso descargalas en formato MP4 para poder reproducilas en reprodutores multimedia coma os iPod de Apple e que se poden incorporar de xeito doado á biblioteca de iTunes mediante RSS. Os vídeos tamén se poden subir a YouTube, multiplicando as canles de distribución das nosas presentacións multimedia.
O mellor xeito de entender as capacidades deste novo servizo é ver o seguinte exemplo no que se explican as súas características detalladamente:

PUBLICIDADE