As webs máis visitadas teñen nomes de dominio curtos

luns, 25 de xuño do 2007 Marcus Fernández

Gráfico do informe de NetsuusUn estudo realizado pola firma Netsuus (dedicada á medición de audiencias na Rede) sostén que os dominios compostos cun promedio de 6,2 caracteres fanse co 60,6% do tráfico da web (chegando ó 75,2% das visitas con dominios de 7 caracteres ou menos), constatando que as webs con nomes de dominio máis curtos son as máis visitadas.
Netsuus analizou as 500 páxinas webs máis visitadas entre os máis de 100.000 sitios monitorizados pola súa rede, de xeito que os usuarios deben introducir unha media de 8,5 letras de dominio con variacións que van dende 5 ata 8 caracteres (sempre obviando os prefixo www e os sufixos .com, .net ou o que corresponda).
Dende o informe tamén destacan que os nomes curtos non teñen por qué ter ningunha relación co obxecto das súas páxinas web, polo que un mero nome curto e doado de lembrar parece máis importante que a súa semántica, concluíndo que nos nomes de dominio o tamaño si importa.

PUBLICIDADE