Amosan cómo será a versión en liña de Photoshop

venres, 7 de setembro do 2007 Marcus Fernández

Loiacano durante a apertura do congreso Photoshop WorldJohn Loiacano, vicepresidente senior de Adobe, abriu o congreso Photoshop World presentando algunhas novidades entre as que destacou unha imaxe do Adobe Photoshop Express, que sería unha versión en liña do popular programa informático de retoque fotográfico de Adobe que se ofrecería de balde e que só precisaría de Flash para funcionar.
O novo programa non será tan completo como a versión de escritorio, pero poderá atender as demandas de moitos usuarios que poderían combinar así o mellor do Photoshop e o Picasa de Google, podendo imporse a algunhas solucións semellantes que xa están en funcionamento pero que non contan con sona e nin un volume importante de usuarios.

Detalle da aparencia do Adobe Photoshop Express

PUBLICIDADE