A selección de Barbados reclama novos xogadores a través da Rede

luns, 16 de xuño do 2008 Raquel Noya

En pleno auxe da Eurocopa de fútbol de Suíza e Austria 2008, non podemos evitar facernos eco dunha nova publicada hoxe polo xornal dixital Marca.es na que a selección de Barbados busca xogadores por Internet para “lograr clasificarse para o Mundial 2010”.
A páxina web da Barbados Football Assotiation fai un chamamento a tódolos xogadores que, por nacemento ou descendencia, teñan a nacionalidade do país e lles interese formar parte da selección nacional para competir no vindeiro mundial.
Este combinado, que vén de ser goleado cun 8-1 fronte á selección dos Estados Unidos, pon agora toda a carne no asador e recurre á Rede para dar coa súa “salvación” na fase clasificatoria.

PUBLICIDADE