A fundación Curros Enríquez permite as consultas en liña dos seus fondos

martes, 23 de xaneiro do 2007 Raquel Noya

A posta en funcionamento da biblioteca na Casa dos Poetas xa é posible grazas a Internet. Dende esta semana, a consulta dos fondos adquiridos ó longo do pasado ano está ó noso alcance a través da páxina web da fundación: www.currosenriquez.es, que liga directamente coa rede de bibliotecas de Galicia da Consellería de Cultura.
O dito fondo bibliográfico está composto por preto de 1.200 exemplares, dos que un 30% corresponden a obras relacionadas cos autores de Celanova, e en especial con Manuel Curros Enríquez.
Ó longo deste ano porase en marcha un servizo gratuíto de empréstamos e consultas de Internet e ampliarase a biblioteca debido ó elevado número de exemplares dispoñibles, adquiridos de xeito directo pola Fundación ou a través de doazóns feitas polos patróns desta entidade (Deputación de Ourense, Real Academia Galega, Consello da Cultura Galega e outros) así como por particulares.

PUBLICIDADE