A brutalidade policial protagoniza un vídeo en YouTube

luns, 13 de novembro do 2006 Marcus Fernández

En 1992 unha gravación dun videoafeccionado na que se vía como un cidadán de cor, Rodney King, era golpeado de xeito brutal por uns policías en Los Ángeles, provocou unha vaga de violencia nos EE.UU. no que consideraban que era un acto de brutalidade policial provocado por motivos raciais, e agora a Internet podería ser o detonador de conflitos semellantes, tras ver como outro incidente en Los Ángeles aparece agora en YouTube.
No novo vídeo (que xa leva uns meses na Rede) vese coma dous policías agreden a William Cárdenas na cara mentres o teñen inmobilizado no chan, no que parece un acto claro de brutalidade policial que está a ser investigado.
A filtración do vídeo á Rede levou que os oficiais de policía involucrados no caso fosen apartados do servizo na rúa mentres se efectúa a investigación pertinente. Temos así un exemplo de medidas que se toman grazas a unha denuncia realizada a través da Internet que conseguiu tomar a importancia semellante como para que a agresión non quedase sen consecuencias.

PUBLICIDADE