A Wii Fit Girl crea unha certa polémica

venres, 13 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Instantánea do popular vídeoPreto de 3 millóns de persoas viron un vídeo no que unha moza vestida con pouca roupa (unhas braguiñas e unha camiseta) xogaba ao hula hoop no Wii Fit,no que parecía ser unha gravación feita polo seu mozo, e que resultaba suxestiva polo movemento pélvico da rapaza, de aí que se afirmase en plan de broma que este uso era unha das razóns para mercar o Wii Fit.
Curiosamente, o vídeo non correspondía a unha das moitas campañas virais que circulan pola Rede, pese a que o autor do clip, Giovanny Gutierrez, traballe para unha axencia de publicidade en Miami. O propio Guitierrez chega a dicir que a moza que aparece no vídeo é a súa moza Lauren, o que está a causar problemas a outra rapaza tamén chamada Lauren Bernat, que en vez de vivir en Miami , traballa coma bibliotecaria en New York, e está a verse sometida a moita presión na Rede, xa que numerosos rapaces están a solicitar a súa amizade a través da rede social Facebook (pensando que é a persoa do popular vídeo).

Giovanny Gutierrez e Lauren Bernat, a parella de Miami que creou todo este rebumbio

Nun principio iso só podería supor unha molestia, pero na práctica está a prexudicar a reputación da neoiorquina, pois a xente está a pensar que ela é a protagonista do popular vídeo en YouTube, o que lle podería prexudicar á hora de buscar traballo no futuro, no que é un efecto colateral totalmente inesperado dos vídeos de éxito na web.
A Lauren Bernat de Miami tampouco está moi conforme coa publicación do vídeo (gravado polo seu mozo co móbil), aínda que agora terá que asumir que milleiros de persoas a coñecen xa como a Wii Fit Girl.
Estariamos así ante un novo fenómeno que nos podería lembrar ao Star Wars Kid ou a Gary Brolsma, ou sexa, casos de éxito inesperado que poden prexudicar aos seus protagonistas.


O popular vídeo da Wii Fit Girl

PUBLICIDADE