A EGAP estrea nova web, máis “funcional e atrativa

mércores, 22 de novembro do 2006 Raquel Noya

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) conta dende o día 8 de novembro cun novo portal web cualificado polo propio centro como “máis funcional e sinxelo” e que vai encamiñado ademais a responder ás dúbidas de calquera usuario do xeito máis doado e rápido có anterior.
Dende egap.xunta.es, a EGAP incorpora novas funcionalidades como a presentación telemática das solicitudes de recursos da Escola, a apertura de foros temáticos de debate ou un ben engraxado motor de busca dos recursos asociados ós cursos que xestiona a institución.
Polo de agora, na web preséntanse as últimas novidades relacionadas coa actividade do centro de formación, os distintos eventos que organiza e a xestión das actividades educativas e seminarios, así como os premios e bolsas que convoca, mais está previsto que nos vindeiros meses se activen novos servizos como titoriais de formación para os empregados públicos ou mesmo transmisións en directo dos eventos que se celebren no salón de actos da EGAP.

PUBLICIDADE