A CTNL estrea novo sitio web para a normalización do galego

venres, 13 de xuño do 2008 Raquel Noya

A Coordinadora de Traballadores e Traballadoras de Normalización da Lingua (CTNL) vén de por en funcionamento un novo sitio web que inclúe, entre unha ampla variedade de contidos, novas de actualidade sobre o proceso de normalización da lingua galega e todo o que ten que ver con esta organización (obxectivos, historia, directiva, estatutos...) que loita por acadar prestixio para a nosa fala en tódolos ámbitos da sociedade galega.
Esta nova páxina contén, asemade, datas de convocatorias, opinións, entrevistas, cursos, análises, estudos... que teñen relación coa normalización do noso idioma, así como unha completa guía sobre a asociación que ofrece información de interese para os internautas galego falantes que se preocupan polo futuro desta lingua.
Os seus creadores definen este espazo como un “lugar virtual no que se pretende centralizar información relevante para o traballo en normalización lingüística”.
Máis información sobre a presentación desta web nesta ligazón.

PUBLICIDADE