YouTube ofrece de balde o concerto de Queen no estadio de Wembley

martes, 6 de setembro do 2011 Marcus Fernández

Tras celebrar o 65º aniversario do nacemento de Freddie Mercury, dende Google non parecen conformes, e no blog oficial de YouTube informan de que van continuar coa conmemoración compartindo durante 48 horas a través da súa plataforma de vídeo o mítico concerto de Queen no estadio de Wembley, que foi publicado como un dos álbums en directo da banda e que recolle a forza que Mercury imprimía ás actuacións en vivo da súa banda.
YouTube tamén recolle (nunha listaxe de reprodución para facilitar a súa visualización) unha boa colección de vídeos de Queen e de famosos de distinta índole felicitando o aniversario de Freddie Mercury.


O concerto de Queen en Wembley


YouTube recolle numerosas felicitacións virtuais para Freddie Mercury

PUBLICIDADE