A Asociación Sénior de Telefónica e a Deputación de Lugo reúnen preto de 500 xubilados

venres, 26 de abril do 2024 S. P.

A Deputación de Lugo colabora coa Asociación Sénior de Telefónica de Lugo (ASTELU) na celebración este venres 26 de abril da Xuntanza do Noroeste Galicia-Asturias, que reúne na capital lucense a preto de 500 xubilados e xubiladas procedentes de distintos puntos de España.
O deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, deu a benvida aos asistentes da xornada, e destacou o apoio da institución provincial, que achega 3.000€ para a organización deste encontro que conmemora o centenario da compañía.
Segundo fixo saber Fernández, “a grandeza das compañías, das empresas, non se miden tanto polo seu tamaño como pola súa capacidade de xerar lazos de pertenza”. Amais, trasladou aos presentes que “eles son a mellor testemuña do significado de Telefónica na historia de España, porque están a reivindicar esta pertenza como algo valioso, no terreo persoal, empresarial e sociocultural”. A xuntanza clausurouse cun xantar de irmandade entre os participantes, e contou con actuacións teatrais e musicais.

PUBLICIDADE