Todoscontraelcanon entrega na Moncloa 2 millóns de sinaturas contra o canon dixital

venres, 1 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

Representantes da asociación Todoscontraelcanon fronte á Moncloa

A plataforma Todoscontraelcanon continúa coa súa iniciativa e entrega de sinaturas contra o canon dixital a políticos, e este xoves fixeron entrega no Palacio da Moncloa de máis de 2 millóns de sinaturas contra a nova taxa recollidas nun pendrive. Os membros da plataforma foron recibidos polo secretario de Estado de Comunicación, Fernando Moraleda.
Todoscontraelcanon, entidade que agrupa a 27 asociacións de consumidores, internautas, empresas e sindicados, asegura que «o canon é un imposto que só defenden algúns autores, as multinacionais e as sociedades que, como a SGAE, xestionan e ingresas esas taxas» polo que habería que reflexionar sobre a súa aplicación, xa que existen alternativas viables.
O pasado martes tamén fixeron entrega das sinaturas a Mariano Rajoy, político que se sumou á oposición ó canon dixital, no que supón un cambio de orientación do seu Partido (que aprobara a taxa na anterior lexislatura).

PUBLICIDADE