Fan entrega das sinaturas contra o canon dixital a Mariano Rajoy

martes, 29 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

A plataforma Todos contra el Canon está a facer estes días entrega de propostas de alternativas ó canon dixital así como unha relación de 2 millóns de sinaturas contra a polémica taxa ós partidos políticos, de xeito que este luns lle fixeron entrega dun DVD con tal información a Mariano Rajoy, político que leva no seu programa a oposición ó canon.
O secretario de Comunicación do PP, Gabriel Elorriaga, asegurou que, no caso de gañar as eleccións, procurarán «un acordo con tódalas partes implicadas, entre elas a plataforma Todos contra el Canon» e crearían unha axencia pública de xestión da propiedade intelectual para evitar a opacidade e falta de transparencia do modelo actual.
Elorriaga tamén anunciou que solicitaron ó 8.000 concellos do Estado que se unan individualmente á plataforma a través de mocións presentadas polo seu grupo.
Todos contra el Canon procurará entregar as sinaturas contra o canon dixital ó presidente do Goberno o vindeiro xoves.

PUBLICIDADE