Starlink reduce o seu prezo a 49 euros/mes

mércores, 15 de novembro do 2023 Marcus Fernández

O pasado verán Starlink rebaixou o prezo do seu servizo de Internet mediante satélites de baixa altura, pasando de 108 euros/mes a uns moito máis accesibles 70 euros/mes, o que parecía bastante atinado para empresas que non puidesen gozar dunha conexión á Rede digna en lugares afastado, pero agora Starlink quere achegarse tamén aos usuarios particulares, e pasa o ofrecer o seu servizo residencial por 49 euros/mes, aos que habería que engadir 450 euros polo hardware no caso de optar por mercalo (pode alugarse por 9 euros/mes). Tamén existe unha modalidade do servizo que permite a modalidade (pensando en usuarios viaxeiros), que ten un prezo de 109 euros/mes.
No caso de querer gozar do servizo de Starlink en negocios, en vez de contratar unha conexión doméstica é máis recomendable optar pola versión para empresas, que permite adquirir hardware de mellor desempeño (por 2.891 euros), e que ofrécese en diferentes modalidades en función do volume de datos para o que queren gozar de prioridade na conectividade, e irían entre os 113 e os 1.283 euros/mes.

PUBLICIDADE